Escoitar

"Do not disturb. No molestar", este vernes no Auditorio Municipal do Concello

A programación municipal de artes escénicas, Vigocultura, continúa no Auditorio Municipal do Concello este venres día 31 coa compañía Vaivén Circo, que nos achega a un día de traballo en calquera fábrica do século XX, na obra "Do not disturb. No molestar"; catro personaxes singulares traballados para provocar sentimentos de todo tipo. As entradas, a 8€, están á venda en servinova (servinova.com e 902.504.500), a Central de Espectáculos e na billeteira do recinto dende unha hora antes.

mércores, 29 out 2014
O domingo día 2 de novembro comezará a programación dirixida a público familiar coa compañía El Callejón del gato e a súa obra "Semillas de Cardamomo", do autor Eduardo Zamanillo; prolongarase durante todos os domingos de novembro e decembro (ata o 21). Será ás 18:00 h e a un prezo de 5€ para maiores de 12 anos e 3€ para menores desa idade.