Escoitar

O goberno de Vigo entregou 1.206 das 1.253 achegas concedidas no plan de axudas a familias

O Concello trata de localizar ás 47 beneficiarios pendentes de recibir a súa achega social do plan de axudas a familias, ao tempo que tamén está a resolver os recursos recibidos á resolución dun programa social dotado de 2 millóns de euros. Tal e como explicou o rexedor, xa se entregaron 1.206 das 1.253 achegas concedidas.

mércores, 29 out 2014
O Concello de Vigo xa entregou 1.206 das 1.253 achegas concedidas dentro do plan de axudas a familias que conta cunha dotación de 2 millóns de euros. Tal e como explicou o rexedor, nestes momentos estase tratando de localizar a 47 beneficiarios aos que se lles enviou unha notificación para que recollan a súa achega, ao tempo que tamén se están a tramitar os recursos para os que se reservaron 200.000 euros.

En total, lembrou o rexedor en rolda de prensa, distribuíronse 901.000 euros en 1.007 axudas de vivenda, 203.000 euros para atender a 844 familas que paceden pobreza enerxética e 694.306 euros para 755 persoas que precisaban axudas para alimentación.