Escoitar

O Concello aproba as bases das 43 bolsas municipais para o alumnado da Escola de Idiomas

O alcalde informou este venres da aprobación das bases da convocatoria das 43 bolsas Concello de Vigo para estancias lingüísticas no estranxeiro para o alumnado da sede viguesa da Escola Oficial de Idiomas. Esta iniciativa, impulsada cada ano polo goberno de Caballero desde 2009, conta con 80.000 euros de orzamento para estudos en Londres, París, Berlín, Roma, Lisboa, Pekín e Tokio.

venres, 24 out 2014
O goberno de Vigo ven de aprobar as bases da convocatoria para que o alumnado da Escola Oficial de Idiomas da cidade opte ás 43 bolsas de estudos en inmersión lingüística que ofrece o Concello no estranxeiro. O Concello adica ao efecto 80.000 euros.

Caballero indicou que o Concello oferta 30 bolsas para estudar en Londres, 5 máis para París, 3 para Berlín, 2 para Roma e unha para Lisboa, Tokio e Pekin. A administración local impulsou este programa coa Escola Oficial de Idiomas no 2009 e o ven desenvolvemendo desde entón de xeito ininterrumpido.

O alcalde recordou que, xunto ao alumnado da Escola de Idiomas, 290 estudantes de 3º de ESO do ensino público e concertado perciben este curso unha bolsa de inglés do Concello de Vigo, para o que o goberno de Vigo destina case 700.000 euros.