Escoitar

Caballero contactará coa Xunta para buscar unha solución de permanencia para San Francisco

O alcalde de Vigo reiterou esta mañá o seu compromiso coa Asociación San Francisco, antes participar esta mesma tarde na cadea humana que organiza este colectivo na Praza do Rei. O rexedor indicou que establecerá contacto coa Xunta para buscar unha fórmula que permita a San Francisco manter o seu proxecto educativo.

martes, 21 out 2014
1413913635cadena.JPG
Abel Caballero contactará coa Xunta de Galicia para buscar unha solución que permita á Asociación San Francisco seguir levando a cabo o proceso de formación e atención con persoas discapacitacas intectualmente que leva moitos anos desenvolvendo en Vigo. Logo de reiterar o apoio do goberno local e ratificar a súa presencia na cadea humana que se organizará esta mesma tarde na Praza do Rei, o rexedor subliñou que "non pode perderse un proxecto educativo extraordinario baseado na integración e no fomento da autonomía".
Descargar todas as imaxes