Escoitar

O Concello amplía este sábado os horarios dos museos pola escala do Oasis of the Seas

A Pinacoteca Municipal, a Casa das Artes e a Casa Galega da Cultura abrirán este 18 de outubro de 10 a 14 horas en horario de mañá e de 17 a 21 horas de tarde, aproveitando a escala en Vigo do maior crucero do mundo. Esta decisión do goberno local súmase ás actividades culturais, turísticas e lúdicas xa programadas para este sábado.

xoves, 16 out 2014