Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 29 de setembro de 2014

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A Corporación insta á Xunta a que informe do novo concerto asinado con POVISA

Unha moción de urxencia reclama á Xunta de Galicia que "faga públicos os termos do novo concerto con POVISA", que "custará 75 millóns de euros", segundo indica o texto. A Corporación, tras o caso do San Francisco, tamén demanda do goberno autonómico unha fórmula para que os dependentes reciban asistencia "no seu contorno, no centro máis cercano e habitual".

A proposta do BNG, co apoio dos socialistas e o voto en contra do PP, a Corporación reclamou este luns á Xunta de Galicia información e publicidade ao concerto acordado co hospital vigués, que custará 75 millóns de euros.

A moción pide do goberno autonómico que "faga públicos os termos" do novo concerto, que "defina as actuacións que ten previstas" para garantir que POVISA atende aos pacientes asignados "con ratios de profesionais equiparables á media dos hospitais públicos" do SERGAS, que publicite as accións previstas para "reducir as intolerables listas de espera" do centro ata situalas na media, que informe aos usuarios da carteira de servizos do novo concerto e das alternativas no CHUVI, ademais das condicións nas que se realizaría o cambio aos pacientes con tratamentos en marcha, e que "se paralice, en tanto non se informe debidamente aos usuarios asignados a POVISA, o actual proceso sobre a regulación do prazo e do procedemento mediante o cal os 'beneficiarios da Seguridade Social' asignados a área de POVISA poidan elixir provisor de Atención Sanitaria Especializada".

Centro Ocupacional San Francisco
O Pleno tamén debatiu e aprobou unha moción presentada polo PSdeG-PSOE na que insta á Xunta de Galicia a buscar fórmulas para que os dependentes reciban asistencia "no seu contorno, no centro máis cercano e habitual". A alarma suscítase "ante a posible entrada masiva das entidades privadas en substitución do sector público e das entidades de iniciativa social neste tipo de contratos coa administración pública", reza o texto, que continúa interpelando ao goberno autonómico sobre os criterios para a adxudicación das prazas e se prioriza o servizo público, as entidades sen ánimo de lucro ou as que teñan contratadas a persoas con discapacidade ou desenvolvan plans que fomenten a igualdade.

O Centro San Francisco de Coia atende a 73 discapacitados psíquicos, que serán trasladados desde outubro a outro centro situado en Mos porque a ONG perdeu o concerto coa Xunta de Galicia. A Corporación acordou instar á Xunta de Galicia a que busque unha fórmula para que os dependentes reciban asistencia "no seu contorno, no centro máis cercano e habitual" e que "manteña o servizo aos usuarios do Centro Ocupacional nas mesmas condicións que ata agora".
Mais noticias
O Concello reclama a Fomento a cesión da Avenida de Madrid con fondos para o seu arranxo
O Pleno aproba por unanimidade poñer en funcionamento a piscina do complexo da ETEA


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003