Escoitar

Un libro recollerá os 161 textos que concursaron no I Certame de Relatos Cortos Vigo Histórico

O rexedor deu conta esta mañá o éxito do Certame de Relatos Cortos Vigo Histórico que na súa primeira edición recibiu 161 textos. Organizado pola Federación de Comercio Vigo Histórico e a Editorial Elvira, este concurso literario rematará cun libro que recollerá todos os traballos presentados.

venres, 19 set 2014
1411140912certamen.JPG
O I Certame de Relatos Cortos Vigo Histórico concitou o interese de 161 escritores procedentes de toda Galicia, de moitas cidades españolas como Las Palmas, Bilbao ou Gijón, e incluso do estranxeiro, con traballos chegados de Nueva York ou Costa Rica. O rexedor eloxiou esta iniciativa literaria, organizada pola Federación de Comercio Histórico e a Editorial Elvira, augurándolle moitos éxitos no futuro.

O xurado, que está composto polo pintor Antón Pulido, o editor Bieito Ledo, o escritor Julio Alonso, o poeta Carlos Oroza e a profesora literaria Avelina Rodríguez, fallará os premiados o 30 de outubro. Será en decembro cando se publique o libro que recollerá todos os relatos e a ONG A las 5, recibirá 1 euro por cada exemplar vendido.
Descargar todas as imaxes