Escoitar

Caballero felicitou ao Comesaña polas vinteoito medallas colleitadas nos Nacionais de atletismo, a un ano do centenario do club <br />

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiron hoxe en Alcaldía aos e ás medallistas do Comesaña Sporting Club, a entidade atlética decana en Galicia, máis antiga que a propia Federación Galega de Atletismo. <br />

mércores, 10 set 2014
1410354540comesanasc.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiron hoxe en Alcaldía aos e ás medallistas do Comesaña Sporting Club, a entidade atlética decana en Galicia, máis antiga que a propia Federación Galega de Atletismo.

Durante vinte minutos, Caballero conversou coa representación atlética do club, encabezados por Belarmino Alonso, o seu presidente, directivos e cadro técnico. O rexedor felicitou ao Comesaña pola súa brillante traxectoria, pediu que "sigan conseguindo podios" e, tamén, fixo fincapé que "estudar é un tema central". Para Caballero, "non hai proba que se celebre no ámbito galego onde no podio non estea o Comesaña", e calificou aos e ás deportistas de San Andrés de Comesaña como valores dunha "calidade atlética excepcional", considerando que o club "participa nos mellores niveis do atletismo que se poden ter" a nivel español.

Alcalde e edil aplaudiron o traballo do Comesaña: vinte e oito medallas en Campionatos de España esta tempada, quince delas de ouro. Así, á cita acudiron as veteranas María Jesús Sanguos, Estela Estévez, Flora Josefa Guzmán, María del Carmen Penas e Elisabeth Oya, xunto coa cadete Antía Chamosa, os xuvenís Daniel Chamosa, Carmen Fuentes, Ángela González e Carmen Escariz e a junior Carmela Cardama. Das vinte e oito medallas, dezasete foron logradas por atletas das categorías de formación (oito de ouro). O vindeiro ano, o Comesaña celebra o seu centenario.

O alcalde referiu aos presentes que tras unha época moi complicada pola crise, "o vindeiro ano" mellorará o apoio municipal ao deporte e que quere "modificar" a forma de apoialo dende a institución.

Na foto final de familia, na que as atletas luciron as súas medallas ao pescozo, Caballero fíxolles unha chiscadela: "Que ben soa a música do triunfo", en alusión ao tintinar das preseas ao chocar entre elas, pois oito atletas conqueriron dous ou máis metais.

O rexedor tamén valorou o esforzo ata acadar a vitoria. Cando se facían a foto, tamén lles dixo: "Agora facemos a foto, pero o que custa chegar a ela, non si?", en referencia ao esforzo e dificultade que supón chegar ao podio.Nos mellores niveis do atletismo . a moza que me convenceu para que fixésemos a pista de Castrelos

Na súa comparecencia diante dos medios de comunicación, o xefe do goberno municipal fixo referencia a unha anécdota: "No grupo de atletas que recibin estaba unha rapaza de 16 ou 17 anos que foi quen de convencerme para que fixésemos as obras da pista de Castrelos. Un día, pola rúa, paroume e me dixo 'alcalde, os que practicamos o atletismo en Castrelos rompemos os nocellos contra as pedras'. Pregunteille agora polo circuíto e díxome que fantástico".

Abel Caballero sinalou tamén que "falamos con eles da reforma que estamos a facer nas pistas de atletismo de Balaídos. Van quedar espléndidas. Era unha obriga da Xunta que non acometeu. Son unhas pistas de utilización territorial, non só de Vigo senón que utiliza todo o sur de Galicia, polo que o mantemento debería ser parte do cometido da Xunta, pero xa sabemos que a Xunta, no seu cumprimento con esta cidade, deixa moito que desexar", rematou.
Descargar todas as imaxes