Escoitar

O rexedor saúda a un grupo de universitarios chinos que aprenden español en Vigo

Abel Caballero recibiu hoxe no Salón de Plenos a un grupo de estudantes chinos que elexiron Vigo para profundizar no coñecemento de español, da cultura e da nosa cidade. O rexedor amosou a súa satisfacción por intensificar con estes universitarios unha relación comercial con China que no ámbito industrrial ven desde hai 30 anos.

mércores, 20 ago 2014
1408536809chinos.JPG
O rexedor achegouse hoxe ao Salón de Plenos do Concello para saudar a un grupo de 21 estudantes da Universidade de Estudos Internacionais de Beijing que levan en Vigo un mes profundizando na cultura, no idioma e na cidade. Esta visita, explicou o rexedor nunha rolda de prensa posterior, destes mozos e mozas universitarios, permite retomar unha relación con China que no ámbito industrial comezou hai xa 30 anos.
Descargar todas as imaxes