Escoitar

Malú reune a máis de 30.000 persoas no concerto de Vigo

A popular cantante madrileña abarrotou o Auditorio de Castrelos de Vigo, o cal segundo fontes da policía local rexistro un cheo histórico, superando os 30.000 espectadores.

mércores, 30 xul 2014
1406722281_MG_5063.JPG
Horas antes da apertura de portas, a enorme afluencia de público que se achegaba á auditorio xa facían presaxiar que o concerto sería un auténtico éxito de público.

Este concerto supuxo o espectáculo musical de pago con maior convocatoria no que levamos de verán, superando con fartura outras propostas do calendario musical galego.

A popular coach da Voz e A Voz Kids esgotou as entradas dispoñibles e deu un concerto de máis de 2 horas acompañada dun magnífico show visual.

Segundo palabras da propia cantante, "foi un dos mellores shows de toda a xira, Impresionante". Tamén quixo agradecer o apoio dos seus fans vigueses e ós que se viñeron de distintos puntos de península, pola fenomenal acollida.
1406722281_MG_5063.JPG
1406722297DSC_5982.JPG
Descargar todas as imaxes