Escoitar

Xa á venda as entradas para os concertos de Malú e Jamie Cullum

O Concello ten á venda desde hoxe luns as entradas para os concertos de Malú e de Jamie Cullum, que terán lugar no Auditorio ao aire libre de Castrelos os días 29 de xullo (22:30 h) e 8 de agosto (23:00 h), respectivamente, e que se inclúen no programa VIGO EN FESTAS 2014.

luns, 14 xul 2014
As entradas poderán adquirirse anticipadamente en Servinova (www.servinova.com / 902.504.500) e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26), a un prezo de 8 € (máis gastos de xestión) no caso de Malú, e de 12 € (máis gastos de xestión) para Jamie Cullum (con cadeiras sen numerar).

No despacho de billetes do auditorio, o día do concerto, terán un prezo de 10 € (Malú) e 15 € (Jamie Cullum).