Escoitar

Posta á venda das entradas para o IMAXINA SONS'14

Hoxe luns, día 16, puxéronse á venda as entradas para a décima edición do Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS'14, que terá lugar do 26 de xuño ao 5 de xullo; os concertos de pagamento desenvolveranse no Auditorio Municipal do Concello (5 € + gastos de xestión), e no salón de actos do Marco (3 € + gastos de xestión).As entradas poden mercarse anticipadamente no servizo de Servinova (www.servinova.com, ou no teléfono 902.504.500) e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26).

luns, 16 xuñ 2014
1402916457imaxina10.jpg
Imaxina Sons é unha iniciativa municipal que se mantén no tempo en base a parámetros de calidade artística e vontade de satisfacer a diversos públicos, a maiores dos afeccionados ao jazz. Unha aposta pola cultura dende o ámbito municipal, que fai que o festival poda manterse fiel aos seus principios de programar jazz europeo, dándolle aos vigueses a oportunidade de ver artistas de primeira fila, e de promocionar e apoiar o jazz galego e o jazz español.

En 2014, Imaxina Sons reúne a algúns dos músicos máis destacados do presente do jazz en Europa, que ademais van marcar os roteiros do futuro, xa que a súa carreira ten unha gran proxección e está a medio camiño. No Auditorio Municipal poderemos desfrutar, entre outros, de Marco Mezquida, o pianista balear cuxo trío encargarase de inaugurar esta décima edición, do alemán Michael Wollny, do portugués Hugo Carvalhais, da viguesa, residente en Berlín, Lucía Martínez ou do guitarrista israelí residente en Nova York, Gilad Hekselman. Ademais, o pianista Alberto Conde presentará en primicia o seu proxecto Human Evolution Music Project, gravado en Portugal e que tende pontes ademais cos sons da India.

O MARCO será escenario para experimentacións e os sons insólitos. No seu décimo aniversario, Imaxina Sons contará co francés Pierre Bastien, pioneiro dalgúns dos discursos sonoros actuais da música experimental ou a electrónica e recoñecido mundialmente pola súa orquestra de autómatas. O catalán Xavi Lozano, multiinstrumentista e creador de sons a partir de obxectos cotiáns, tamén formará parte do cartel de Imaxina Sons.
Descargar todas as imaxes