Escoitar

Caballero destaca a importancia da "economía audiovisual" na presentación de Primavera de Cine en Vigo

As proxeccións do terceiro festival de filmes Primavera do Cine en Vigo comezarán mañá mércores nos auditorios do Concello de Vigo e do MARCO, e finalizarán o próximo domingo 8 de xuño. Durante a presentación do programa, o rexedor sumouse aos organizadores ao ratificar o carácter reflexivo deste festival .

martes, 3 xuñ 2014
1401800498cine.JPG
O alcalde, Abel Caballero, secundou a condición reflexiva do festival Primavera de Cine en Vigo, e ademáis manifestou a importancia que ten para Vigo a "economía do audiovisual" e o seu compromiso de "seguir tirando da industria". A terceira edición do festival Primavera de Cine en Vigo organizado por "Musiquina 33 mg" e "Reencanto Produccións", arrancará esta mesma tarde de martes ás 19,30 horas no MARCO. O coloquio "¿Discriminación consciente?" que abranguerá o papel da muller no sector audiovisual galego e que contará, entre outras, coa presenza de Chelo Loureiro, Margarita Diego ou Sonia Méndez, dará o pistoletazo de saída.

A partires de mañá mércores 4 de xuño, darán comezo as proxeccións das longametraxes, curtometraxes e videoclips programadas ata o próximo domingo 8 de xuño, e que se poderán ver no auditorio do Concello de Vigo e no auditorio do MARCO , por un prezo popular de 2,5 euros. Unha oportunidade, en verbas da directora do festival Ana Laura Pereira, "de que todos os vigueses e viguesas vexan os filmes que se fan en Galicia por galegos e galegas". Pereira, quixo recoñecer ademáis , as aportacións do Concello de Vigo, da Concellería de Cultura, e dos pequenos comerciantes e patrocinadores, xa que sen os seus esforzo non sería posible levar a cabo esta terceira edición.

Ás proxeccións asistirán a maioría dos directores e directoras das obras audiovisuais participantes no festival. Tamén estará presente o recoñecido actor Manolo Zarzo na proxección de "Blockbuster", o filme que protagoniza.

Este terceiro Festival Primavera de Cine en Vigo ten un contido altamente reivindicativo, como indicou o programador Alfonso Castaño, xa que no peche do mesmo, farase unha Mención Honorífica a asociación CIMA, unha asociación de cineastas do medio audiovisual que promove accións para acadar unha situación máis equitativa no eido.
Descargar todas as imaxes