Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 29 de abril de 2014

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Vigozoo conta con cabaliños de mar e unha cría de canguro entre os seus novos habitantes

O nacemento dunha cría ualabí, unha nova instalación dos cabaliño de mar e a renovación do mariposario son, xunto co novo reciento dos búhos reais e un porco-espín e os pecarís, as últimas novidades de Vigozoo. A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, presentou hoxe habitantes recén chegados ás instalacións munipais de A Madroa.




En Vigozoo ven de abrir as súas portas a tres acuarios de auga mariña, dous deles adicados a cabaliños de mar e o terceiro, a un polbo común. Estes recintos forman parte dun convenio de colaboración co CSIC, froito dun interese común pola conservación da fauna silvestre mariña e terrestre da zona de Vigo. Un dos aquarios reúne cabaliños autócnonos e o outro, exemplares procedentes de Nova Zelanda ou Australia que son máis grandes e co abdómen abultado. Os visitantes da Madroa poderán ver un vídeo informativo no que se conta con detalle todo o proceso vital desta especie.

Outro dos novos habitantes de Vigozoo é unha cría de ualabí de Bennet, un marsupial pariente de los canguros, de menor tamaño e con similares costumes e aspecto. A cría, explicou Chus Lago, foi observada hai uns días dentro da bolsa marsupial, onde se introduce inmediatamente despois do nacemento. Estes animais teñen un período de xestación de pouco máis dun mes, nacen pouco desenvolvidos e na bolsa marsupial contemplan o seu crecemento durante algo máis de nove meses.

A concelleira de Medio Ambiente tamén se referiu á renovación do mariposario para albergar unha poboación media de uns 80 exemplares de preto de 10 especies diferentes. Tamén está funcionando unha granxa de exhibición onde se poderá observar o ciclo completo de algunhas das volvoretas, pasando por todas as fases.

A reforma do recinto dos primates para albergar aves é outra das novidades que anunciou a concelleira de Medio Ambiente, con novas intalacións na parte exterior de nocturama. Este novo recinto forma parte do conxunto da exhibición de aves rapeces nocturnas xunto coas catro instalacións que xa existían. Dependendo da especie que albergan, hai tres tamaños de aviario e todas están naturalizadas segundo o hábitat de cada unha das especies.

Entre as novas incorporacións de fauna, destacan os pecaríes e o porco espín, ambos cedidos por outro zoo de España, tal e como explicou a concelleira, quen avanzou que se traballa na próxima incorporación dun lince hembra.
Mais noticias
O Concello acelera o plan de asfaltados no rural e no casco urbano, con dous millóns de investimento


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003