Escoitar

O programa Vigocultura celebra esta fin de semana o Día Mundial da Danza

Esta fin de semana, o programa municipal de artes escénicas no Auditorio Municipal do Concello , Vigocultura, celebra o Día Mundial da Danza con dous espectáculos: o venres 25 haberá un festival Galaico-Portugués "Na Raia", e o domingo 27, a compañía viguesa A Produccións Artísticas presenta a obra "Menú vexetal".<br /> <br />

xoves, 24 abr 2014
1398329416ballet.jpg
O venres 25, ás 21:00 h, haberá un festival Galaico-Portugués "Na Raia", coa participación da Agrupación Folclórica "Colexiata do Sar" de Santiago de Compostela e do Grupo Etnográfico da Areosa de Viana do Castelo, un dos máis antigos da cidade e pertencente a un barrio moi significativo.

O domingo 27, ás 18:00 h, dirixida a público familiar, a compañía viguesa A Produccións Artísticas presenta a obra "Menú vexetal", que busca motivar ás familias cara unha alimentación máis saludable.

As entradas para ambos espectáculos atópanse á venda no servizo de Servinova ("www.servinova.com" e 902.504.500) e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26); ou ben, o día do espectáculo, no despacho de billetes do auditorio, dende unha hora antes do seu comezo.

Día Internacional da Danza

O Día Internacional da Danza estableceuse pola Unesco en 1982, atendendo a unha iniciativa do Comité Internacional de Danza. Para celebralo decidiuse o 29 de abril, por selo natalicio de Jean-Georges Noverre, innovador e estudoso deste arte, mestro e creador do ballet moderno.
Descargar todas as imaxes