Escoitar

O goberno local defenderá o partido xudicial de Vigo no ámbito político e no da sociedade civil

O alcalde de Vigo reiterou a vontade do goberno local de loitar contra o anteproxecto de Lei do Poder Xudicial desde o ámbito político-parlamentario e desde a sociedade civil. Así o explicou hoxe logo de constatar a unanimidade do apoio aos seus prantexamentos dos representantes de varias asociacións veciñais da cidade.

luns, 21 abr 2014
1398081595vecinos.JPG
O alcalde constatou a unanimidade dos representantes veciñais de Sárdoma, Valladares, Calvario, Lavadores e Miñoca na oposición ao anteproxecto de Lei do Poder Xudicial que ven de aprobar o Goberno Central. Tal e como explicou, os voceiros destes "significativos" colectivos aos que se sumarán outros que virán próximamente, avanzou, transmitíronlle a súa indignación cun proxecto de lei que "pretende esquilmar a xustiza desta cidade".

Os representantes veciñais deron ao rexedor o "seu apoio" para seguir a sensibilizar á cidadanía da importancia desta situación ao tempo que lle avanzaron que "eles xa o están a facer". Caballero amosou a súa preocupación por avanzar para que "ningún acelerón na tramitación desta lei nos pille por sorpresa". Neste punto advertiu de que é posible que o Consejo General del Poder Judicial emita informe en xuño o que suporía que esta lei podería entrar no Congreso dos Deputados en setembro. Durante a súa comparecencia cos medios, o alcalde explicou que os veciños compartían o prantexamento do goberno local de pedir a retirada da lei e, de non ser así, que a provincia de Pontevedra teña dúas sedes referenciais, a de Vigo con capital na cidade ou, se hai unha sola, que se sitúe en Vigo. Por outra banda, tamén reclamará o desdobramento ou partición do TSXG, cunha sede en Coruña e outra en Vigo. Para rematar, o rexedor avanzou a intención do goberno local de loitar contra esta lei en nivel político-parlamentario e no ámbito da cidadanía.
Descargar todas as imaxes