Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 27 de marzo de 2014

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello inicia a humanización de Camelias entre a rúa Ourense e Doutor Marañón

O goberno local comezará nos próximos días os traballos de humanización da segunda fase de Camelias, cando está a punto de rematar o tramo que vai desde Praza Independencia á rúa Ourense. A Xunta de Goberno local temén deu luz verde ao inicio das obras para a posta en marcha das escaleiras mecánicas da Segunda República.

A Xunta deu luz verde ao Plan de Seguridade e Saúde, de xestión de resíduos e nomeamento da dirección facultativa da humanización da rúa Camelias, no tramo que vai da rúa Ourense a Doutor Marañón. Cun orzmento de 1,2 millóns +IVE, as obras comezarán en 15 días, unha vez que está case rematada a primeira fase, desde a Praza de Independencia ata Ourense.

En rolda de prensa, o alcalde tamén deu conta do nomeamento da codirección facultativa da obra de mellora da accesibilidade peonil entre a Porta do Sol e Abeleira Menéndez. A posta en marcha destas escaleiras mecánicas de 2ª República suporán un investimento de 1,2 millóns de euros.

Na reunión semanal do goberno local tamén aprobou o proxecto de renovación de redes de saneamento e abastecemento no Casco Urbano, fase 1, cun orzamento de 574.0287 euros + IVE e unha duración das obras de 4 meses. Por último, deuse luz verde a un gasto de 772.672,79 euros+IVE para renovar redes en Teis, unha parroquia que levaba "75 anos desatendida ata que chegou este goberno", precisou o rexedor. Concretamente, anunciou actuacións durante seis meses en Marina Española, Oliveira de Abaixo, Toural de Abaixo. Coutadas, Espiñeiro e Camiño Cancelo.
Mais noticias
O alcalde di que o acordo de orzamentos "permitirá seguir apoiando o desenvolvemento, o crecemento e a saída da crise da cidade"
O goberno de Vigo aproba as condicións da poxa das vivendas de República Arxentina
O domingo arranca na Senda da Auga o primeiro dos catro roteiros do Programa Bici-Rutas
Caballero recibiu á selección saharaui de fútbol e trasladoulles o apoio á súa "causa xusta"
Vigo celebra unha Reconquista de tres días
Pleno da Corporación


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003