Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 28 de febreiro de 2014

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello autoriza a instalación de 11 quioscos de tempada para este verán nos arenais vigueses

A Xunta Local de Goberno aprobou hoxe venres o plan de ocupación, instalación e explotación de servizos nas prais. Como o ano pasado, serán 11 os quioscos de tempada que se instalen este verán nos arenais de Vigo.

Once quioscos de tempada recibirán este verán autorización para prestar os seus servizos nos arenais de Vigo, tal e como aprobou esta mañá a Xunta Local de Goberno. Segundo o explicou o rexedor, a distribución, a mesma que o ano pasado, será a seguinte: 1 para Punta da Guía; 1 para Santa Baia (Alcabre); 2 para Tombo do Gato; 1 para Argazada; 3 para Samil; 2 para o Vao e 1 para a Etea.

Outro dos asuntos que se aprobou hoxe é o Proxecto de Regulamento do servizo municipal de Teleasistencia, cando se cumpre un ano desde que o Concello asumira en solitario o servizo, unha vez que a Deputación retirou esta prestación. Cun contrato por dous anos por un importe de 155.126,40 euros, o Concello seguirá a ofrecer esta prestación a un colectivo de persoas "moi sensible" no que o 93% son mulleres; o 82% ten máis de 80 anos e o 84% vive solo. Asimesmo, engadiu, vaiselle prestar o servizo á 10 persoas que teñen dificultades de audición e comunicación.

A licitación da contratación do Servizo de Vixiancia e Seguridade en CEDRO e nas Unidades Básicas de Asistencia Social (UBAS) tamén recibiu hoxe luz verde, o mesmo que o Convenio co Banco de Alimentos de Vigo, cun importe de 43.000 euros aos que hai que sumar outros 15.000 euros que esta entidade recibe como colaboración na financiación dos gastos de aluguer do seu local. O rexedor lembrou que o orzamento de 2014 prevé 223.060 euros para comedores sociais: Afan, 55.000 euros; Convenio Misioneros, 57.060 euros; Comedor da esperanza: 23.000 euros e Vida Digna: 45.000 euros.

O alcalde deu conta, a súa vez, da adxudicación do procedemento aberto para a contratación dos servizos de xestión do Centro de Usos Múltiples Vigosónico. O contrato por catro anos ten un custo de 347.996 euros e unha baixa de 40.000 respecto do prezo de licitación. Ademais, incorpora melloras como a realización de 200 horas de formación impartida por persoal especializado distinto ao contratado para a xestión de servizos ou un incremento sen custo para o Concello do número mínimo de horas de prestación do servizo fixado no prego de condicións. O goberno local tamén deu luz verde ao convenio de 15.000 euros coa Asociación Veciñal e Cultural de Lavadores para o desenvolvemento da ludoteca.

Humanizacións
O alcalde avanzou que o martes arrancará a humanización do tramo de Jenaro de la Fuente, entre as rúas Toledo e Aragón. Na Xunta de Goberno desta mañá aprobouse a memora da renovación da rede de abastecemento para este tramo, con cargo ao Plan de Investimentos de Aqualia, cun orzamento base de licitación de 30.825 euros e un prazo de execución dun mes. Tal e como explicou o rexedor, con fondos municipais, desde o Concello executarase coordinadamente a humanización deste tramo, unha obra xa contratada por 162.000 euros e dous meses de prazo de execución.
Mais noticias
O Concello cederá dúas vivendas protexidas en aluguer a persoas con discapacidade e renda baixa
O goberno local concluirá en tres meses o derrubo do antigo restaurante As Dornas, en Samil
Caballero agradece a Iberia Express a súa aposta por Vigo na presentación da programación de verán
A Mancomunidade toma coñecemento do nomeamento de Magoya Méndez como xerente
SUSPENSIÓN DO DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS DO ENTROIDO 2014
Entroido 2014
Normalización Lingüística : Cursos de lingua galega CELGA
BANDO ENTROIDO 2014 dispositivo de regulación e cortes de tráfico: do 28 de febreiro ao 5 de marzo de 2014
CALENDARIO DO CONTRIBUÍNTE PARA O ANO 2014


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003