Escoitar

Caballero anima á cidadanía a visitar o Parque Infantil do Nadal, aberto ata o 8 de xaneiro

Organizado polo Concello, o alcalde visitou este xoves o Parque Infantil de Nadal, que propón múltiples actividades para nenos desde hoxe ata o 8 de xaneiro, no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo. Con esta iniciativa, e por un euro, o goberno local ofrece obradoiros e espectáculos variados para rapaces de ata 12 anos.

xoves, 2 xan 2014
1388671044PARQUE.JPG
O alcalde visitou hoxe o Parque Infantil de Nadal do Concello de Vigo, que programa no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo numerosas actividades para nenos de todas as idades. Esta iniciatival, que acollerá o Auditorio Pazo de Congresos de VIGO entre os días 2 e 8 de xaneiro de 2014 --a excepción do día 5, que permanecerá pechado--, conta con distintas actividades para nenos de entre 1 e 12 anos, como inchables, zona de xogos infantís, espazo exterior multiaventuras e circuíto de vehículos máxicos. Ademais, os menores tamén poderán participar en talleres de música, danza, periodismo, instrumentos musicais, reciclaxe e papiroflexia; e o prezo por sesión será dun euro.

Así mesmo, neste espazo estará presente o carteiro real, e os nenos poderán gozar dos espectáculos 'Monicreque de Kukas', 'Xan Perillán e a maleta máxica' e 'Contose do vento acatarrado'. Igualmente, por cinco euros, as familias poderán acudir ao concerto de María Fumaça, que será o sábado 4 de xaneiro, ás 18.30 horas.

Ademais deste parque e dentro do programa de Nadal organizado desde o Concello, destacou Caballero, mañá rematarán os campamentos en Vigozoo, ludotecas e Centros Cívicos. Asimesmo, haberá contacontos e obradoiros na Biblioteca Central Juan Compañel, hoxe xoves e o sábado 4 de xaneiro.

Tal e como lembrou, prosegue en Coia e Samil, o Circo de Nadal e a pista de xeo, respectivamente, que funcionarán ata o 12 de xaneiro, así como as visitas do Carteiro Real por asociacións veciñais e culturais, así como por zonas comerciais como Bouzas, Travesas, Casco Vello, Calvario, Teis ou a rúa Príncipe.
Descargar todas as imaxes