Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 29 de novembro de 2013

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O MARCO acollerá do 6 ao 8 de decembro o primeiro Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo

O alcalde, Abel Caballero, e as organizadoras, Ángeles e Marta Díaz, presentaron este venres VI·KUL, o primeiro Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo, que traerá á cidade aos mellores bailarines e coreográfos nacionais e internacionais.




Abel Caballero deu a benvida á cidade a esta cita, que "pretende ubicar a Vigo nun lugar central" na modalidade da danza urbana, con 18 masterclasses a cargo dos artistas máis relevantes.

As organizadoras, que afronta a primeira edición con "moita ilusión e ganas", explicaron que este Encontro nace "con proxección de futuro" e vontade de crecer de cara á próxima edición, que podería ter lugar no verán de 2014. Para a cita de decembro, o MARCO de Vigo completará o seu aforo con 100 bailaríns procedentes de España, Portugal, Inglaterra e incluso os Estados Unidos.

VI·KUL nace de CoreoMagazine, a primeira revista multidisciplinar de danza de España, que procura achegar aos centos de amateurs e profesionais desta diciplina na nosa cidade aos seus máximos representantes, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

Diana Matos (Londres), Viet Dang (Los Ángeles), Glenn Hudson (Londres), Fidel Buika (Barcelona), Omar Fernández (Valencia), Vicky Gómez (Barcelona), Irene Pallarés (Barcelona), Moysex Rojo (Mallorca) e o incríble Kanga Valls (Barcelona), un total de 18 masterclasses nas fantásticas instalacións do céntrico Museo de Arte Contemporáneo de Vigo.

Entre os obxectivos da cita están traer á cidade aos mellores representantes da danza urbana, facilitar o acceso a grandes artistas e ao seu traballo, posicionar Vigo no calendario nacional de eventos de baile, proxectar o alto nivel no campo da danza urbana de Vigo cara ao exterior, promover Vigo entre os artistas, difundir unha nova faceta da imaxe de Vigo e posicionar Vigo entre os principais destinos turísticos nacionais durante a ponte de decembro.
Mais noticias
O Concello inicia o procedemento para enaxenar as 40 vivendas municipais de República Arxentina para financiar o solo da Cidade da Xustiza
O goberno local adica medio millón de euros a asfaltar 14 estradas das parroquias
Manel Fernández salienta a "repercusión e calidade" do Trofeo Cidade de Vigo de karate
A lectura do bando do Día da Constitución correrá a cargo da xuíza Marisol López Martínez
Celebración do 20 aniversario do Consello Municipal da Muller
Bases concurso "Vente cos Reis Magos 2014"
BANDO DE OBRAS NADAL 2013


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003