Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 27 de novembro de 2013

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello oferta formación sobre fiscalidade, recursos humanos e xestión ás entidades deportivas

Responsables de entidades deportivas da cidade poderán acceder á formación sobre fiscalidade, recursos humanos e xestión administrativa grazas a unhas xornadas organizadas polo Concello co obxectivo de facilitar o funcionamento dos distintos clubes da cidade. As sesións serán os tres primeiros luns de decembro no Museo Verbum.




O Concello organiza programas de formación no ámbito deportivo orientado aos responsables da gestión e funcionamento das entidades. Así o explicou hoxe mércores Abel Caballero nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por directivos de distintos equipos e modalidades da cidade. Trátase de facilitar a súa labor, dixo, debido ás esixencias establecidas na lexislación vixente que, en moitas ocasións, representan dificultades para os directivos.

O programa inclúe tres xornadas formativas que se desenvolverán no Museo Verbum os días 2, 9 e 16 de decembro, entre as 19,30 e as 21,30 horas. Unha das sesións estará adicada á fiscalidade nas entidades deportivas, a segunda, aos recursos humáns e a terceira, á xestión administrativa nas entidades deportivas.
Mais noticias
O Concello organiza o obradoiro "Achégate aos Monicreques" para 1.200 escolares da cidade
O Concello adxudica as obras do polideportivo de Navia que creará 60 postos de traballo durante a súa construcción
O goberno de Vigo contrata por 381.000 euros o asfaltado de 13 rúas do casco urbano


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003