Escoitar

O Concello desenvolverá o ámbito comercial de Liñeiriños seguindo directrices do PXOM

Abel Caballero avanzou hoxe mércores que Eurofund Investiments lles transmitiu que prosegue interesada no proxecto de Porto Cabral durante un encontro que se celebrou onte en Madrid. Pola súa banda, o rexedor reiterou a vontade de desenvolver as directrices no plan xeral nesa área.

mércores, 20 nov 2013
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, de conta hoxe mércores do encontro que mantivo onte en Madrid con responsables de Eurofund Investiments, unha reunión na que tamén estivo presente a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva. Tal e como dixo, os responsables da empresa inglesa prantexaron que seguen a considerar que o proxecto de Vigo é de gran importancia, xa que centraliza nesta cidade unha area de 7 millóns de persoas. Deste xeito, reiteraron o seu interese en levar adiante este proxecto inversor, xerador dun complexo de ocio que ten como area de influencia desde Oporto ata o norte de Galicia e unha parte de León e Zamora.

Segundo lle transmitiron ao alcalde e á tenente de alcalde, están dispostos a seguir no seu empeño e levar adiante un proxecto que, na súa opinión -compartida polo propio alcalde- xerará 3.000 postos de traballo, ademais será un factor inamizador da economía e do comercio vigués porque atraerá persoas. Os inversores tamén lles transmitiron que teñen un plan B, no caso de que esta iniciativa non se poida levar a cabo na cidade.

Durante a rolda de prensa, Caballero ratificou que o goberno local seguirá a traballar na liña que indica o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Avanzou que de xeito inmediato e como mandata o Plan Xeral, o Concello iniciará o desenvolvemento urbanístico da zona e anunciou que será un proceso administrativo longo.

Alcaldes
O rexedor de Vigo mantivo onte en Madrid outra reunión, neste caso con alcaldes e voceiros dos grupos socialista, Izquierda Unida, Compromis e Coaliación Canaria, para valorar a marcha da lei de bases de réxime local. Explicou que existe unha "preocupación compartida de que cada paso que se da, o proxecto de lei empeora". Concretamente, referiuse á transferencia de competencias sociais desde os concellos cara ás comunidades autónomas que suporán efectos moi negativos, tanto, puntualizou, que o goberno decidiu aplazar esta cesión ata 2016 e non realizala no 2014 como estaba previsto para "alonxalo de procesos electorais".