Escoitar

Unha páxina web municipal ofrece información en tempo real sobre as obras que se fan na cidade

O concelleiro de Fomento, David Regades, presentou hoxe a actualización da páxina web da Concellería para facilitar información de todas as obras e humanizacións que se están a facer na cidade. Trátase, dixo, proseguir no proceso de transparencia e proximidade da administración ao cidadá, seguindo as indicacións de cidade intelixente.

martes, 19 nov 2013
1384865776fomento.JPG
O Concello de Vigo conta desde hoxe cunha páxina web que facilita en tempo real o estado de todas as obras e humanizacións da cidade. Así o explicou hoxe o concelleiro de Fomento nunha rolda de prensa na que ratificou Vigo como líder na busca permanente de avances cara a consolidarse como cidade intelixente. A páxina web, www.fomento.vigo.org, dixo, quere ser unha ferramenta de difusión dos traballos que se fan desde a Concellería, con datos que se actualizarán constantemente para que "os cidadáns teñan información sobre as obras, humanizacións e curte de rúas, se existira, en tempo real".

A páxina funciona en galego e castelán e todas a animacións son en html5 para facilitar o uso a través dos teléfonos. O xestor de contidos é de código aberto para que sexa gratuito e que as modificacións non teñan custo algún. Temén se poderá obter información sobre o transporte urbano, sobre as brigadas do Concello, sobre os taxis, entre outras.
Descargar todas as imaxes