Escoitar

Caballero defende recuperar o pacto entre administracións e sindicatos para "avanzar todos xuntos"

Na apertura este luns do III Seminario galego das Mulleres Pensionistas de CCOO, o alcalde de Vigo avogou polo respaldo dos gobernos á laboura sindical, que está a ser obxecto dun "ataque frontal". Como exemplo, Caballero citou a mobilización impulsada polo Concello de Vigo e os sindicatos en defensa do naval.

luns, 21 out 2013
1382360102comisiones.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a recuperación do pacto entre as administracións públicas e os sindicatos, durante a apertura da terceira edición do Seminario Galego das Mulleres Pensionistas de Comisións Obreiras, que ten lugar hoxe e mañá no Hotel Coia.

Na súa intervención, o primeiro edil salientou a necesidade de apoiar o traballo dos sindicatos en favor dos dereitos dos traballadores, nunha época na que están a padecer un "ataque frontal". Caballero defendeu retomar o pacto constitucional para "avanzar todos xuntos" na saída da crise e citou o exemplo da marcha común do goberno de Vigo e os sindicatos da cidade para defender o naval, un modelo que debería extendese a todas partes.

O alcalde agradeceu á organización a elección de Vigo como cidade de acollida desta terceira edición do Seminario no que se abordará a situación das mulleres pensionistas tras os recortes en materia social, sanitaria e económica.
Descargar todas as imaxes