Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 17 out 2013
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 18 DE OUTUBRO DE 2013.


1.- Acta da sesión ordinaria do 4 de outubro e extraordinaria e urxente do 7 de outubro de 2013.

ALCALDÍA
2.- Proposta de concesión dunha subvención á Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para os gastos de transporte e organización da estancia en Vigo dos nenos saharauis (programa Vacacións en Paz 2013). Expte. 10266/101.

BENESTAR SOCIAL
3.- Prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Vigo para o compartimento dos sistemas de información do SIGAD (Sistema galego de atención á dependencia). Expte. 67737/301.

COMERCIO
4.- Indemnización substitutiva por importe de 21.773,95 € a favor da Asociación Profesional de Empresarios Autónomos do Mercado do Progreso pola xestión do Mercado provisional do Progreso durante o mes de xuño de 2013. Expte. 21/106.

CONTRATACIÓN
5.- Devolución de fianzas:
a) Flamingo Vigo S.L. Expte. 4588/241.
b) Vigilancia Integrada S.A. Expte. 4597/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
6.- Pagamento dos dereitos de autor á SGAE derivados da realización do programa "Vigo en Festas 2013". Expte. 5245/335.

EMPREGO
7.- Proposta para a concesión e denegación de Axudas municipais á contratación 2013. Expte. 10374/77.

8.- Aceptación de subvención da Consellería de Traballo e Benestar para a execución do programa integrado para o emprego "Vigo Integra". Expte. 10400/77.

9.- Promoción polo Concello de Vigo do proxecto empresarial "Class Centro de Estudios S.C." como Iniciativas Locais de Emprego (ILEs) da Consellería de Traballo e Benestar. Expte. 10406/77.

10.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e o Centro Especial de Emprego Grupo Integra MGSI CEE S.L. para mellorar a inserción laboral do colectivo de persoas con discapacidade. Expte. 10220/77.

FOMENTO
11.- Revisión extraordinaria do contrato de xestión do servizo de mantemento e conservación das instalacións de alumeado público do Concello Vigo correspondente a xaneiro de 2013 e revisión ordinaria correspondente ao IPC abril 2012-abril 2013. Expte. 14960/444.

12.- Dar conta da tramitación do expediente "Renovación das redes de saneamento e abastecemento da rúa Boán" (obras do Plan de Inversións de Aqualia). Expte. 2108/440.

MUSEO DE CASTRELOS
13.- Dar conta do Patrimonio Arqueolóxico depositado no Museo municipal "Quiñones de León" no período comprendido entre xuño de 2012 e setembro de 2013. Expte. 4981/337.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
14.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo, o Real Club Celta de Vigo e a Fundación Celta de Vigo para levar a cabo a acción dinamizadora da lingua galega "Gústame o galego de primeira". Expte. 1694/334.

OSPIO
15.- Nomeamento da dirección facultativa das obras "Restauración de Praza no Paseo de Paz Andrade de Bouzas". Expte. 2449/443.

16.- Plan de seguridade e saúde e aceptación do Plan de xestión de residuos da obra "Restauración de Praza no Paseo de Paz Andrade de Bouzas". Expte. 2448/443.

17.- Nomeamento da dirección facultativa da obra "Renovación das redes de saneamento e abastecemento da Rúa Boán". Expte. 2459/443.

18.- Plan de seguridade e saúde e aceptación do Plan de xestión de residuos da obra "Renovación das redes de saneamento e abastecemento da Rúa Boán". Expte. 2458/443.
RECURSOS HUMANOS
19.- Gastos de locomoción do persoal municipal xuño-agosto 2013. Expte. 24464/220.

20.- Complemento de produtividade por conducir vehículo municipal sen ser oficial de D. Jesús García Alfonso, correspondente ao 2º trimestre 2013. Expte. 24432/220.

21.- Aboamento de intereses na execución 159/2012 correspondente ao procedemento 9/2008 do Xulgado do Social nº 4 (Elisa Casal Prieto e outros). Expte. 24468/220.

22.- Aboamento de intereses na execución 81/2012 correspondente ao procedemento 3/2008 do Xulgado do Social nº 4 (Patricia Martínez González). Expte. 24344/220.

23.- Dar conta resolución do Concelleiro-delegado de Xestión Municipal, de data 08.09.2013, da execución da Sentenza nº 152/2013, do 30 de setembro, do Xulgado Contencioso-administrativo nº 2, de Vigo, no p.a. 172/2013, interposto por Da. Iolanda Alonso Regueiro. Expte. 24494/220.

VIAS E OBRAS
24.- Devolución de fianzas:
a) Comunidade de Propietarios Travesía de Vigo nº 2. Expte. 68311/250.
b) Obras y Reformas Dopal S.L.U. Expte. 69366/250.

25.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 18 de outubro de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 18 de outubro de 2013.
O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,

Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.