Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 11 de outubro de 2013

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello promove en Castrelos unha ordenación con vivendas, zonas verdes e un carril bici

A Xerencia de Urbanismo deu luz verde esta mañá ao Plan Parcial de Macal, situado entre as parroquias de Castrelos, Matamá e Beade. Cunha superfice de 204.484 metros2, contempla viviendas -cun 45% protexida-, zonas verdes, aparcamentos, equipamentos e un carril bici.

O Plan Parcial de Macal recibiu hoxe venres a aprobación inicial polo que será publicado na web do Concello e notificado aos propietarios de terreos afectados para advertirles que se inicia un periodo dun mes de exposición pública. Situada entre as parroquias de Castrelos, Beade e Matamá, esta superficie de 204.484 m2 dos que 81.490 son edificables, contempla vivendas -un 45% será protexida- zonas verdes, aparcamentos, equipamentos e un carril bici paralelo ao vial da Universidade. Asimesmo, explicou o rexedor, ao norte e ao sur do ámbito construiránse dúas redondas para conectar a nova ordenación cos viarios existentes.

Abel Caballero deu conta este venres da aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior de Poulo, 133.000 metros cadrados detrás do Centro Comercial Travesía que finaliza así a súa tramitación administrativa. A urbanización do ámbito contempla máis de 25.000 metros cadrados de zonas verdes e 10.000 para equipamento. O PERI sitúase detrás do Centro Comercial Travesía, entre a súa Rorís polo norte, Cantabria polo oeste e o sur e o Camiño de Poulo, Camiño de Vista do Mar e Camiño de Poulo (parroquia de Teis).

Abel Caballero explicou que a aprobación é un "avance moi importante" que remata coa tramitación administrativa do ámbito e agora será a propiedade a que debe impulsar a fase de construcción, para o que estima un prazo aproximado de ano e medio ou dous anos.

Xunto aos 520 estacionamentos públicos previstos, o alcalde fixo fincapé no montante de vivendas a construir neste espazo, un total de 753, das que 560 estarán en pisos de ata seis alturas e outras 193 serán unifamiliares. En todos os casos, o Concello obriga á reserva do 42% das mesmas para vivendas protexidas.


A Xerencia de Urbanismo deste venres tamén aprobou definitivamente o Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reurbanización dos espazos interiores no grupo de 502 vivendas das rúas Bueu, Moaña, Vilagarcía e Camiño da Raposa, en Coia. Grazas a este paso, nesta área de 15 bloques de edificios e unhas 1.500 persoas -das que moitas delas son persoas de avanzada idade- poderán ser instalados ata 45 elevadores.

Paralelamente, o Concello de Vigo tramita a declaración deste polígono como Área de Rehabilitación Integral, ata agora aplicada aos cascos históricos, que ampliará a posibilidade de acollerse a subvencións, que poderían costear entre o 40 e o 75% do orzamento total.
Mais noticias
O rexedor avanza unha enmenda aos PGE para que o Goberno inclúa os 300.000 que lle adicaba ao MARCO
O alcalde anuncia o inicio de construcción da escola infantil de Navia e a próxima apertura da de Castrelos
Cinco familias desfiuzadas vivirán en pisos de titularidade municipal en Navia
O goberno local creará 331 novas prazas de aparcamento nos aledaños da rúa Teixugueiras


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003