Escoitar

O Auditorio municipal programará 16 actividades durante os meses de novembro e decembro

Oito actuacións para nenos e outras tantas para adultos conforman a programación do Auditorio Municipal que arranca o venres, 1 de novembro. Carlos López Font presentou hoxe martes unha programación á que o Concello aporta 55.000 euros.

martes, 8 out 2013
1381228305vigocultura.jpg
Un ano máis o Concello de Vigo presenta a súa programación de outono no Auditorio do Concello. O concelleiro accidental de Cultura, Carlos López Font, foi o encargado de degranar un programa que terá lugar nos meses de novembro e decembro e a que mantén a súa estrutura habitual con funcións os venres ás 21 horas dirixidas maioritariamente a público adulto e os domingos ás 18 horas para público familiar.

A programación conta con un total de 16 actuacións, 8 de adultos e 8 familiares, de teatro e música, e nela participan 9 compañías de Galicia e 7 agrupacións do resto de España.

En canto á programación dirixida ao público adulto se inclúen pezas cómicas, dramas, música de autor e folk e como novidade este ano se inclúen dúas pezas de monicreques para adultos. Respecto da programación familiar, está composta por monicreques, teatro xestual con pompas de xabón, musicais, teatro contemporáneo e maxia.

As compañías e grupos seleccionados dentro da oferta de artes escénicas do panorama estatal, contan todas ellas con aceptación de público e crítica e moitas delas teñen premios polas obras representadas (ver programa).

10 das 16 actuacións son cofinanciadas pola Agadic, que aporta un total de 9.956,38 €. Agadic aportou no ano 2013 un total de 22.992,58 € entre as programacións do primeiro e segundo semestre de 2013, mentres que no ano 2012 a aportación da Xunta de Galicia foi de 45.448,00 €, o que supón un recorte de case un 50 % na achega.

Pola súa banda, o Concello de Vigo aporta para esta programación un total de 55.000,00 €, un 65% do coste total da programación. Os prezos e lugar de venda de entradas se manteñen, así como os abonos á carta (ver programa).
1381228305vigocultura.jpg
1381247669FONT.JPG

Máis información