Escoitar

Caballero asegura que Vigo reclama "desde a galeguidade o seu espazo polo ben de toda Galicia"

O alcalde reclamou hoxe atención para as demandas de Vigo xa que "será o eixo da recuperación económica da comunidade porque Galicia tira cando Vigo tira". Ao longo dunha conferencia organizada por Nueva Economía Forum Europa, aludiu á automoción, ao naval, á industria, ao turismo, ao comercio e á investigación como algunhas das grandes capacidades locais para iniciar a saída da crise. <br />

xoves, 3 out 2013
1380802648forumeuropa1.JPG
O alcalde Abel Caballero nun momento da sua intervención esta mañá
"Galicia tira, se Vigo tira", con esta frase Caballero enfatizou a importancia de atender as demandas da cidade "porque será o eixo da recuperación económica da comunidade. Asegurou que a urbe reclama, "desde a galeguidade o seu espazo polo ben de toda Galicia", nun contexto económico e social distinto a aquel no que se configurou o actual deseño centralista de Galicia, no que Vigo non ten o peso que lle corresponde porque no seu momento "quedou fora das decisións estratéxicas".

Así o dixo nun almorzo coloquio organizado por Nueva Economía Forum, no que Caballero reclamou que se entenda o novo Vigo, unha cidade que se creou coa "forza dos seus traballadores e empresarios". Logo de lamentar as críticas de localismo, o alcalde sustentou esta defensa enumerando o que considerou "as patas" básicas para emprender o futuro: automoción, naval, industria, turismo, comercio e I+D. Insistiu na necesidade de defender Peinador "nun contexto de competencia desleal", augurando unha futura deslocalización empresarial se non se recupera a actividade do aeroporto. Referiuse tamén a outros grandes proxectos en marcha como a depuradora, a estación do AVE, a futura ampliación de Rande e lamentou "lagunas" como o hospital "privado" ou a cidade da xustiza, acusando á Xunta de non asumir as súas responsablidades. Respecto da liña de alta velocidade, xustificou o retraso polas dificultades económicas, pero avisou "de que non imos consentir que Vigo quede fora das liñas de AVE".

Respecto da situación financeira do Concello puxo en valor "ser o municipio de España con menor débeda" -sólo superada por Bilbao que ten réxime foral-. Neste senso, reiterou a súa previsión de chgegar ao 2015 con débada 0. Non esqueceu falar da presión fiscal "a máis baixa de toda Galicia", apuntando que este ano conxeláronse todas as taxas, impostos e prezos públicos, ao tempo que se siguen asumindo investimentos e incrementando as partidas sociais e de emprego.

O alcalde estivo acompañado por un nutrido número de empresarios, representantes sindicais, deputados e senadores, ademais do presidente da Deputación de Lugo e secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Besteiro. A presentación da conferencia correu a cargo do director de Edicións Xerais, Manuel Bragado.
Descargar todas as imaxes