Escoitar

Inauguración exposición MAGNIFICAT na Casa das Artes

Este venres 27 de setembro, ás 20:00 h, inaugurarase na planta baixa da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a exposición MAGNIFICAT, organizada polo Santuario da Nosa Señora da Franquiera e coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, co gallo do 50 Aniversario da Coroación Canónica da imaxe de Nosa Señora da Fonte da Franqueira.

xoves, 26 set 2013
1380185636magnificat.jpg
A exposición divídese en tres apartados que axudarán a entender o dito lugar como encrucillada do divino e o humano, a cultura e a arte, a fe e a relixiosidade do pobo, xunto coa festa e as tradicións.

O primeiro apartado, PEDRA CON HISTORIA, presenta as diferentes etapas do santuario: os seus inicios eremíticos, a presenza benedictina, a súa consolidación como legado da orde do Císter, e algúns proxectos máis recentes que non chegaron a realizarse.

O segundo apartado, AUGA DA FONTE, fai un breve percorrido polos momentos claves da vida da virxe con interesantes representacións artísticas da Diocese de Tui-Vigo. Xunto a estas obras clásicas que mostran a maternidade de María, unha maternidade contemporánea, o meniño enfermo de Cristina García Rodero. Ofrece tamén algúns dos obxectos que foron usados no acto da Coroación hai 50 anos, e outros empregados no culto do santuario.

O terceiro apartado, LUZ DAS XENTES, mostra diferentes exvotos, fotografías, carteis das romarías, publicacións, un audiovisual, e diferentes obxectos relixiosos relacionados coas festas e tradicións no santuario.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 27 de outubro.
Descargar todas as imaxes

Máis información