Escoitar

O Concello crea o Centro Municipal de Interpretación da Oralidade en galego

Isaura Abelairas presentou o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo para recuperar, poñer en valor e transmitir o patrimonio inmaterial das tradicións orais galegas. A actividade arrancará o próximo 2 de outubro no Instituto Municipal de Educación e a partir de aí terá lugar todos os mércores entre as 18,00 e as 20,00 horas nas mesmas instalacións.

mércores, 25 set 2013
1380109054oralidade.JPG
Vigo conta desde hoxe cun Centro Municipal de Interpretacón da Oralidade que xurde para recuperar, poñer en valor e transmitir o patrimonio inmaterial galego, así como a idea de crear novos reguefeiros e incorporar novos formatos. Esta ferramenta, tal e como explicou a concelleira de Normalización Lingüísitica, Isaura Abelairas, porá en valor as regueifas, os brindos, as xaneiras, contos, lendas, incluíndo novos formatos como o rap, o slam ou novas lendas urbanas.

Abelairas destacou que o centro "case virtual" terá a sede no IME, ao tempo que impartirá algunhas clases no centro Emilia Pardo Bazán. As sesión serán os mércores entre las 18,00 e as 20,00 horas e arranca o próximo 2 de outubro. Durante a rolda de prensa, a edil estivo acompañada por parte dos profesores que forman parte desta novidosa actividade.
Descargar todas as imaxes

Máis información