Escoitar

Pleno da Corporación Municipal

venres, 2 ago 2013

PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 12


CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA que terá lugar o día 5 de AGOSTO de 2013, a continuación do Pleno extraordinario do Valedor do Cidadán convocado para ás 10,00 horas, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores: (Pleno ordinario do 27 de maio de 2013).

2.- Declaracións institucionais.

2.1.- Proposta de Declaración Institucional do Alcalde do Concello de Vigo declarando "persoa non grata" ao comisario da Competencia da Comisión Europea. Expte. 706/1101.

2.2. Proposta de Declaración Institucional do Alcalde referente ó Sector Naval. Expte. 708/1101.


3.- Ditames das comisións informativas:

XESTIÓN MUNICIPAL E MOBILIDADE
3.1.- Rectificación no Inventario de Bens e Dereitos, dando de baixa a Rúa Fonte Oscura R-3. Expte. 17241/240 (683/1101).


ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.2.- Aprobación da Conta Xeral correspondente ao ano 2012 do Concello de Vigo e dos seus organismos autónomos. Expte. 102141/240 (688/1101)

3.3.- Aprobación definitiva da Modificación Orzamentaria nº 22/2013. Desestimación de alegacións. Expte. 102161/140 (689/1101)

3.4.- Dar conta do Estado de execución de gastos e ingresos do Orzamento correspondente ao primeiro semestre do 2013. Expte. 102191/140 (695/1101)

3.5. Dar conta do Informe Trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigacións do Concello de Vigo correspondentes ao segundo trimestre do ano 2013. Expte. 7251/540 (697/1101)

POLÍTICA SOCIAL, CULTURA E DEPORTES

3.6.- Aprobación inicial do Regulamento de réxime interior do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social do Concello de Vigo. Expte. 81530/301. (682/1101).


4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

4.1.- Proposición do Alcalde referente ó Aeroporto de Vigo. Expte. 709/1101.


5.- Mocións:

5.1.- Moción do grupo municipal do Partido Socialista, instando á Xunta de Galicia melloras nas instalacións da Estación de Autobuses de Vigo. Expte. 698/1101.

5.2.- Moción do grupo municipal do Partido Socialista, instando á Deputación a cumprir o prometido coa institución cultural "Asociación Amigos da Opera" . Expte. 700/1101.

5.3.- Moción do grupo municipal do Partido Socialista, instando ó SERGAS a incrementar o persoal segundo as necesidades, que garanta os tempos máximos de espera e instar á Xunta de Galicia a recuperar a concesión do novo Hospital. Expte. 707/1101.



PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

1.3.- Dar conta da Resolución da Alcaldía da "Declaración do loito oficial por sete días en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Santiago de Compostela do 24 de xullo de 2013".


2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.


4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal do BNG instando ao goberno local á presentación no Pleno dun Plan Anual de Publicidade e Comunicación e demais acordos complementarios . Expte. 701/1101.


4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular, instando ao goberno municipal a respectar o acordo plenario acerca da EMAO. Expte. 702/1101

4.3.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular, instando ao ao goberno municipal á elaboración dun Plan municipal de Emprego Xuvenil e demais acordos complementarios. Expte 703/1101

4.4.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular, propoñendo ao Pleno da Corporación a que declare persoa "non grata" para a cidade de Vigo ao comisario socialista Joaquín Almunia e instar a que presente a súa dimisión. Expte. 704/1101



DECRETO DE CONVOCATORIA:

De conformidade co acordo da Xunta de Voceiros de data 26.07.13, realizada con motivo da "Declaración de loito oficial", suspéndese a convocatoria de Pleno ordinario para o día 29.07.13 e convócase sesión EXTRAORDINARIA para ter lugar no salón de Plenos a continuación do Pleno extraordinario do Valedor do Cidadán convocado para as 10,00 horas do día CINCO DE AGOSTO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.


Vigo, 26 de xullo de 2013
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL ACCTAL. DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez Manuel Xosé Lorenzo Penela.

Máis información