Escoitar

O Auditorio Mar de Vigo acollerá en agosto un congreso de profesionais da reparación de vehículos

Abel Caballero mantivo esta mañá unha reunión cos organizadores dun congreso de profesionais de reparacións de vehículos que se organizará no mes de agosto na nosa cidade. O espazo elexido será o Auditorio Mar de Vigo.

venres, 26 xul 2013
1374840327atra.JPG
Vigo acollerá en agosto un congreso de profesionais de reparacións de vehículos, tal e como lle explicaron hoxe ao rexedor os responsables de ATRA (Asociación Autónoma de Empresarios de Talleres de Reparación de Vehículos de la provincia de Pontevedra) e de Cetraa (Confederación Española de Talleres de Reparación de Automóviles y Afines) durante un encontro que mantiveron na Alcaldía. O rexedor avanzou que o Concello apoiará este evento, que se organizará no Auditorio Mar de Vigo, pola respercusión económica para a cidade.

Por outra banda, o alcalde tamén se reuniu esta mañá con representantes do Rotary Club que lle agradeceron a Caballero a cooperación do Concello nas súas actividades.
Descargar todas as imaxes