Escoitar

O alcalde eloxia a boa marcha do proxecto de instalación de ascensores en 11 edificios de Coia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe venres un dos edificiós que ven de estrenar ascensor, asi como outro que está a piques de ser rematado, na Avenida Castelao. Acompañado pola tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, o rexedor interesouse pola boa marcha dun proxecto que afecta a 74 edificios deste barrio e que facilitará a mobilidade a uns 1.500 veciños.

venres, 31 mai 2013
1370013821ascensores.JPG
O proxecto afecta a 74 edificios, dos que 24 están na Avenida Castelao; 8, na rúa Salvaterra; 5, na Silleda, 9, na Estrada; 2 en Núñez Balboa; 3, en Poteareas; 5 en Mondariz; 5 en Soutomaior; 8 en Redondela; e 4 en Baiona. Neste momento, tal e como explicou o rexedor, xa están instalados 9 e outros dous están en obras ao tempo que destacou que o número de beneficiados con esta iniciativa ronda os 1.500 veciños de Coia, que superan un problema de accesibilidade no seu edificio. Engadiu que moitos veciños destes edificios, dos anos 60 e con 4 ou 5 alturas, non poden saír á rúa por dificultades de mobilidade.

A colaboración municipal é absoluta e as licenzas se están a tramitar un prazo de entre 10 e 15 días nunha ventaniña única creada ao efecto, na que tamén se xestionan as subvencións e axudas existentes. OConcello tamén aplicou unha bonificación do 95% (o máximo permitido por lei) na cuota ICIO por ser obras específicamente destiñadas á eliminación de barreiras arquitectónicas. Esta rebaixa supón un aforro superior aos 1.000 euros por comunidade.

Caballero enmarcou esta medida na colaboración coa Asociación de Veciños de O Torreiro aos que que agradeceu esta iniciativa que ademais de facilitar á accesibilidade dos edificios, crea emprego no sector da construcción desde a rehabilitación.

Zona verde
Por outra banda, Caballero tamén se achegou a zona verde do inicio da avenida Castelao na que o Concello ven de renovar as mesas nas que xogan os veciños. Logo de avalar a tala de árbores enfermos por motivos de seguridade, avanzou que durante os próximos tres anos van protexer a zona cunhas lonas, ata que crezcan as árbores prantadas nos laterais.
Descargar todas as imaxes