Escoitar

O Concello aforra 760.000 na adxudicación da limpeza das dependencias municipais

A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta mañá á adxudicación definitiva do servizo de limpeza do Concello e do resto de dependencias municipais. O contrato, por catro anos prorrogables outros dous, supón un aforro de 760.000 euros para as arcas municipais.

venres, 24 mai 2013
A adjuxudicación do servizo de limpeza municipal permite ás arcas municipais aforrar 760.000 euros nun contrato por catro anos, prorrogables outros dous. A empresa gañadora do concurso público encargarase da limpeza do casa do Concello, dos parques de bombeiros de Teis e Balaídos, ademais dos museos e os centros cívicos. Outra das adxudicacións aprobadas hoxe venres polo Goberno local foi a contratación do servizo de mantemento integral dos cemiterios municipais. Nestes caso, é un contrato por tres anos, prorrogables por outros tres, e un aforro de 50.000 euros, respecto do prezo de licitación do servizo. Tal e como explicou Abel Caballero, a empresa manterá os cemiterios de Pereiró, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Lavadores, Teis e Zamáns. Tamén se inclúen obras de reparación e conservación dos camposantos, ademais da preservación das zonas verdes e outras dependencias.

Por outra banda, o goberno local tamén deu luz verde ao proxecto de convenio de colaboración coa entidade Vida Digna, por valor de 90.000 euros o que, segundo explicou o rexedor, supón un aumento na aportación dun 50% respecto do ano pasado "mentres que outras administracións recortan", apostilou.

O rexedor tamén de conta dun convenio de colaboración entre o Concello e a Universidade de Vigo para a realización dunha Programación conxunta de exposicións na Casa Galega da Cultura. Ademais dunha aportación de 12.000 euros, o Concello reserva un máximo de 4 meses da programación desta instalación municipal para que a Universidade desenvolva proxectos expositivos.

Por último, a Xunta de Goberno local deu luz verde ao convenio coa Asociación Orquesta 430, do Conservatorio Superior de Vigo. Tal e como resaltaou o alcalde na rolda de prensa, os 40.000 euros que aporta o goberno local "son a única axuda institucional que recibe esta importante orquesta", remachou.