Escoitar

O Auditorio Municipal acolle o sábado un concerto solidario para levar pupitres a Mozambique

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelarias, presentaron este mércores "Pupitres para Todos", o concerto en favor da ONG Amigos de Inharrime para levar pupitres aos nenos e nenas de Inharrime, en Mozambique. A cita, con sete artistas, dará comezo ás 19 horas, con entradas a 6 euros.

mércores, 15 mai 2013
1368634721pupitres.JPG
Oscar Castro, presidente da ONG, Alberto Álvarez e José Roris, organizadores, presentaron este mércores xunto ao alcalde e a concelleira de Política de Benestar a iniciativa solidaria "Pupitres para Todos" a beneficio dos nenos e nenas de Inharrime, en Mozambique.

Por 6 euros, este sábado, ás 19 horas no Auditorio Municipal do Concello, o público asistente poderá disfrutar de sete artistas e colaborar ao tempo cunha proposta solidaria para axudar aos máis desfavorecidos. A recadación será destinada íntegramente á adquisición de pupitres para os nenos e nenas de Inharrime.

Segundo explicaron durante a rolda de prensa, os artistas colaboran de xeito altruista coa proposta, atopándose entre os mesmos Eva Carreras, Riobó, Haros de Lume, o violinista Héctor Varela, a escola de baile Bambalina, o grupo de capoeira Abada, e Alfredo, David e Bernardo de A Roda. Miki, artista gráfico, elaborará unha obra que será sorteada ao remate do concerto entre os asistentes ao mesmo.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, agradeceu aos organizadores a súa iniciativa e animou á cidadanía a asistir a este evento e colaborar, cos seis euros que costa a entrada, coa mellora da educación dos nenos e nenas de Inharrime, en Mozambique. Máis información na web da ONG www.amigosdeinharrime.es
1368634721pupitres.JPG
1368634777Cartel02.jpg
Descargar todas as imaxes