Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 07 de maio de 2013

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello colabora nas XXI Xornadas de Filosofía, que debatirán sobre as claves de futuro

O alcalde, Abel Caballero, e Avelino Muleiro, por parte do grupo organizador Aletheia Vigo, presentaron este martes unha nova edición das Xornadas de Filosofía, que acollerá o Auditorio Municipal do 8 ao 10 de maio baixo o lema "Albíscase unha nova etapa histórica? Claves para abordar o futuro".




O Auditorio Municipal de Vigo será a sede da nova edición das Xornadas de Filosofía, que dan comezo mañá mércores e finalizarán o venres, 10 de maio, con entrada de balde ata completar aforo.

Algunhas das ponencias previstas versarán sobre a crise actual, a universidade pública española, as reformas do mercado laboral e o desemprego, entre outras. Entre os conferenciantes estarán Francesc de Carreras -catedrático emérito de Dereito Constitucional da Universidad Autónoma de Barcelona-, Antón Costas -catedrático de Política Económica na Universidad de Barcelona- e Ubaldo Martínez Veiga -catedrático de Antropoloxía Social pola UNED-.
Mais noticias
O Concello aporta 454.000 euros para financiar entidades sociais, culturais e veciñais
O alcalde visita as obras da rúa Nicaragua que completan a humanización do contorno da Praza Elíptica
Caballero di que recuperar a Media Maratón de Vigo amosa "toda a forza do atletismo local"
Relatorio "Daquelas que cantan... O Ronsel de Rosalía de Castro"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003