Escoitar

O Concello inicia as obras de remodelación da pista de atletismo de Castrelos

O alcalde de Vigo asisitiu hoxe martes ao inicio das obras de remodelación da pista de atletismo de Castrelos que rematarán previsiblemente a finais de xuño. O orzamento alcanza os 137.257 euros e o proxecto respecta o trazado que xa existe.

martes, 30 abr 2013
1367322942castrelos.JPG
Acompañado dos concelleiros de Parques e Xardíns e de Deportes, Angel Rivas e Manel Fernández, respectivamente, dos técnicos responsables da obra e dun nutrido número de deportistas, Abel Caballero presenciou hoxe martes o comezo dos traballos de mantemento e consolidación da pista deportiva de Castrelos. A empresa adxudicataria, Conslar S.L., cun orzamento de 138.000 euros, executará o proxecto que respetará o trazado actual e que previsiblemente rematará en dous meses. Con esta iniciativa, argumentou, cúbrese unha demanda de hai 15 anos, "nunha cidade na que o atletismo ten unha importante fortaleza".

Tal e como explicou o rexedor, actuarase sobre a pista de 1.000 metros, que pode ser extensible a 200 metros máis, ademais de mellorar a pista de 100 metros, "actuaremos sobre 1.300 metros de pista en total", resumiu. Durante a rolda de prensa explicou o proceso que se inicia delimitando definitivamente o trazado, que terá 3 metros de ancho en toda a súa lonxitude. Retirarase o material existente na pista para proceder ao seu posterior recheo mediante sucesivas capas. A primeira, detallou, é unha subbase que permite a drenaxe da propia pista; a segunda, será unha base prefabricada elástica cun corpo de aglomerado granulado e caucho; unha vez rematada a colocación, extenderase unha capa de xabre e, finalmente, unha última de refino procedente de area de canteiras. Será, dixo, unha pista imperceptible en termos de visualización pero coa flexibilidade dunha pista profesional.

Segundo o rexedor, todas estas capas confinaránse mediante bordillos consistentes nunha pletina de aceiro galvanizado pintado e cravado no chan que irá só na marxe esquerdo. A cada lado do percorrido, disporase unha rede de drenaxe para a recollida de augas pluviais.
Descargar todas as imaxes