Escoitar
Política de Benestar

AXUDAS MUNICIPAIS ESCOLARES

Bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (segunda etapa), educación primaria e secundaria, do Concello de Vigo, curso 2013/2014.

venres, 26 abr 2013
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do día 19 de abril de 2013, aprobou, entre outros asuntos as "bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor nos centros úblicos e privados concertados de educación infantil, educación primaria e secundaria, curso 2013-2014."

O prazo de presentación de solicitudes fixase do 2 ao 16 de maio de 2013, ambos inclusive.

As bases e os impresos de solicitude para participar nesta convocatoria poderán recollerse nas Unidades de Traballo Social do concello de Vigo ou descargalas da páxina web www.vigo.org - "convocatorias – subvencións".