Escoitar

Convocatoria de subvencións para a realización de programas ou actividades de promoción da muller, no ano 2013

mércores, 27 mar 2013
A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 1 de marzo de 2013, aprobou, entre outros asuntos "As bases reguladoras e a convocatoria específica de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller, no ano 2013".

O prazo para presentar as solicitudes é de 20 días naturais, contados dende o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A convocatoria publicouse no BOP o día 25 de marzo de marzo de 2013, polo que, o derradeiro día de prazo para presentar a solicitude no Rexistro Xeral é o 15 de abril de 2013.

As bases e os impresos para participar na convocatoria atópanse na Oficina de Información do Concello ou pódense descargar a través da paxina web da Concellería de Igualdade www.igualdadevigo.org na sección de "Convocatorias".