Escoitar

A Praza do Rei acolle unha nova edición de Xogo Park coa colaboración do Concello

Entre o 22 e o 7 de abril todos os nenos de Vigo terán unha cita na Praza do Rei, onde volverá funcionar Xogo Park, un espazo de ocio e entretenemento infantil organizado pola asociación de comerciantes Centro Príncipe, coa colaboración do Concello.

xoves, 21 mar 2013
1363869824rivas.jpg
O concelleiro de Comercio, Angel Rivas, e o presidente da asociación de comerciantes Centro Príncipe, Cándido Rial, presentaron hoxe xoves Xogo Park, unha iniciativa de ocio e esparcemento para nenos e nenas que abrirá as súas portas na Praza de Rei entre o 22 marzo e 7 de abril. Trátase, dixo o edil, dunha alternativa de entretenemento pensada para todos os bolsiños para que os máis pequenos poidan disfrutar do seu tempo libre, nun área de 2.000 metros cadrados de actividades infantís.

Os nenos poderán participar nas actividades desde 1 euro, mercando 5 viaxes ou 1,50 euros, se compran viaxes individuais, ademais de contar con obradoiros de Contacontos, baile, xogos en inglés, teatro. Xogo Park naceu o ano pasado como iniciativa solidaria para que todos nenos e nenas, de entre 3 e 12 anos, poidan ter un encontro para gozar das vacacións de Semana Santa. O ano pasado pasaron por esta área 15.000 pequenos.
Descargar todas as imaxes

Máis información