Escoitar

O Concello remodela o local social cedido á Agrupación de Centros Deportivos e Culturais

O alcalde e membros do goberno visitaron este venres a sede da rúa Ecuador, tras rematarse a reforma realizada neste local. Segundo explicou Caballero, o Concello acometeu o acondicionamento e melloras de impermeabilización para evitar filtracións.

venres, 15 mar 2013
1363355932local.JPG
Abel Caballero, ante os medios de comunicación, informou que os traballos realizados no local social da rúa Ecuador inclúen granito na parte superior que conforma unha "pequena praza" na rúa Panamá. Indicou o alcalde que a Agrupación pretende que algunha das súas asociaciadas poida empregalo, pois o local está "moi ben" e "cumprimos un papel notable" coa reforma.
Descargar todas as imaxes