Escoitar

Tapas pola Igualde no Casco Vello

Dentro do marco de dinamización do barrio e, con motivo da celebración do Día Intenacional das Mulleres e a Conmemoración dos 150 anos da edición de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, a Asociacion de Comerciantes e Hosteleiros Vigovello quere unirse a esta iniciativa, proposta pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller, e colaborar coa presentación da "Ruta das Tapas pola Igualde".

mércores, 6 mar 2013
1362576191tapasigualdade.jpg
Ata o propio sábado dia 9 de marzo, en 27 locais do casco vello poderanse degustar ditas tapas, creadas para a ocasión polos establecementos hosteleiros do barrio (a tapa non superará os 3€). Ese mesmo sábado terá lugar, tamén nas rúas do Casco Vello e,dentro do marco de dinamización do barrio, unha nova edición do Rastro Portovello con artigos de segunda man, libros, vinilos, roupa, decoración, artesanía... e todo a prezos populares.
Descargar todas as imaxes