Escoitar

O Concello de Vigo eleva a 1,5 millóns o Fondo de Acción social para traballadores públicos

O Pleno do Concello deu luz verde á ampliación ata 1,5 millóns do Fondo de Acción Social para traballadores públicos. A proposta do Goberno local ten como finalidade mellorar as condicións sociais dos empregados públicos, actualizando un acordo regulador do ano 1999.

luns, 28 xan 2013
Abel Caballero explicou hoxe luns a proposta de actualización do Fondo de Acción Social que foi aprobada por unanimidade no Pleno desta mañá e que eleva a cuantía de 300.000 a 1,5 millóns de euros. Nunha comparecencia cos medios de comunicación, o rexedor dixo que se trata dunha modificación do artigo 30 dun acordo regulador do ano 1999 do personal funcionario e laboral do Concello. Esta iniciativa do Goberno acordouse cos propios empregados públicos "en defensa da súa dignidade e respecto".

Explicou que, tal e como establede o regulamento aprobado, a finalidade é mellorar as condicións sociais dos empregados, con programas de carácter socio-sanitario, programas de promoción do benestar social ou a formación. Caballero destacou que esta aprobación fai de Vigo un concello pioneiro na posta en marcha de iniciativas de mellora das condicións sociais dos traballadores públicos.