Escoitar

O alcalde presenciou o inicio da desmontaxe do edificio Bandeira para converterse nun centro comercial

Os traballos de desmontaxe do edificio Bandeira comezaron hoxe mércores, para gañar tempo mentres se tramita a licenza de nova edificiación do futuro centro comercial. Tal e como explicou o rexedor, reconstruirase o edificio cunha pequena variación no espacio para ampliar a rúa Vizcaia e humanizaránse, ademais desta rúa, a Extremadura e Aragón.

mércores, 23 xan 2013
1358945065bandeira.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado pola concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, visitou hoxe mércores o edificio Bandeira, o día que comezou a súa desmontaxe para converterse nun centro comercial no que vai ter especial presenza o pequeno e mediano comercio. Tal e como explicou o rexedor nunha rolda de prensa previa, o edificio vai volver construirse pero moverase un pouco para ampliar e mellorar a rúa Vizcaia. Explicou que haberá usos terciarios e que na zona exterior haberá áreas de uso público, cun orzamento total de máis de 4 millóns de euros. Respecto da actuacións no contorno, avanzou que permitirán humanizar as rúas Extremadura, Vizcaia, Aragón e Genaro de la Fuente (esta xa está humanizada), cun orzamento de case medio millón de euros.

Caballero recordou que en novembro deuse licenza de derribo, para gañar tempo mentres que se tramita a licenza de nova edificación. A este acto de inicio dos traballos acudiron tamén a presidenta de Fecovi, o xerente do mercado de O Calvario, o presidente da AAVV Calvario, o presidente da AAVV de Lavadores, o de San Xoán Poulo, así como a responsable de Agarimo.
Descargar todas as imaxes