Escoitar

Casting para o musical PETER PAN ON ICE

A produtora do espectáculo familiar sobre xeo, "Peter Pan on Ice", invita a todas as nenas e nenos da cidade de Vigo a subir ao esceario para ser protagonistas do inicio deste musical, versión modernizada do clásico británico que durante anos ten triunfado nos teatros de Broadway.

venres, 28 dec 2012
1356611522peter.jpg
A dinámica é moi sinxela: o propio día do espectáculo, xoves día 3 de xaneiro, todas as nenas e nenos que o desexen poden asistir ao casting (sempre acompañados dun adulto), que terá lugar no auditorio Mar de Vigo, de 11,30h a 13,00h. A obra comeza cunha nena/neno que, xogando ao fútbol, rompe un cristal, feito que o levará a coñecer a un home, que é quen narra a historia de Peter Pan. Esta nena/neno será representada/o polo seleccionado/a no casting.

Non é necesario saber patinar, nin ter experiencia nas táboas, aínda que si é recomendable que a nena ou neno sexa extrovertido para que, unha vez se abra o telón, non se sinta intimidado polo público. Será unha interpretación breve e en "playback", polo que tampouco se terán en conta as habilidades vogais.

O musical "Peter Pan on ice" está organizado por Skyeyes International-ESF Entertainment e conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, que o inclúe na súa programación de Nadal.
Descargar todas as imaxes