Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 30 de novembro de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde define a apertura do Centro de Inclusión como "un grito de solidarieadade en Vigo"

O Centro de Inclusión Social abrirá as súas portas de xeito oficial mañá sábado, unha realidade, explicou o rexedor, posta en marcha nun momento económico "difícil" que evidencia que "esta cidade está empeñada en que todos vigueses teñan a diginidade que se merecen". Durante unha visita ás instalacións, apuntou que esta inauguración representa "un grito de solidariedade en Vigo", engadindo que "son os recursos mellor gastados, porque son para os que máis o precisan".




O alcalde de Vigo visitou hoxe venres o Centro de Inclusión Social que mañá sábado será inaugurado de xeito oficial. Tras un percorrido polas instalacións, acompañado pola primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e a concelleira de Políticas Sociais, Isaura Abelairas, Caballero explicou que apertura deste centro nun momento económico tan "difícil" como o que estamos a atravesar pon de manifesto que "esta cidade está empeñada en que todos os vigueses teñan a dignidade que merecen". Insistiu en que este centro respresenta "un grito de solidarieade en Vigo, un proxecto de toda a cidade".

Tal e como relatou, posta en marcha das intalacións será progresiva e mañá sábado os usuarios do piso Vía xa estarán instalados en Marqués de Valterra, este mesmo día, iniciarase a unidade de hixiene, o comedor e o alberque (que xa funcionaba). O luns, 3 de decembro, arrancará o Centro de Día; o martes, 4, os obradoiros deste centro; o mércores, 5, os obradoiros de autocoidado; o venres, 7, os obradoiros de tempo libre; o luns 10, comezará a funcionar a Unidade de rúa; o martes, 11, os obradoiros de habilidades sociais e o mércores, 12, os de rehabilitación cognitiva.

Durante a visita, lembrou que a dotación orzamentaria deste proxecto é de 700.000 euros anuais aos que se suman máis de 200.000 euros en reformas. Precisou que estas instalacións permanecerán abertas 24 horas 365 días ao ano.

Respecto do número de prazas, explicou que o albergue conta con 40 e 4 de emerxencia; o Centro de Acollida e Inclusión, con 20; o Comedor social, con 70 vacantes e dous turnos; o Centro de Atención social continuada con 15 e 10 de emerxencia; e o Centro de Día de Inclusión Social con outras 20. Todos estes servizos, incluida a unidade de rúa e a de hixiene, estarán prestados por un coordinador, un sicólogo, traballadores sociais, educadores, integradores sociais, vixiantes e persoal de limpeza.

Caballero rematou a súa intervención reñocecendo o traballo das persoas que fixeron posible este proxecto, encabezado pola concelleira de Políticas Sociais, Isaura Abelairas, "porque era un soño para esta cidade". Engadiu que son os recursos públicos "mellor gastados porque son para os que máis o precisan". En Vigo, dixo, "queremos que toda a cidade sinta a capacidade colectiva de solideriedade e igualdade que temos".

Mais noticias
O Concello achega 136.000 euros á Federación de Veciños para a contratación de 21 persoas
Caballero anuncia a aprobación no 2012 de 2,9 millóns para o Servizo de Axuda no Fogar
O Concello da luz verde ao desenvolvemento urbanístico de 140 vivendas en Tomás Alonso
O alcalde de Vigo apoia a loita do Grupo Imán no Día Mundial da Sida
O sábado nova edición de FEIRA no Casco Vello
O Concello abre o concurso para subir a 40 nenos e nenas na Cabalgata de Reis
Nova exposición na sala da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Campaña "De Boa Man"
ITE das edificacións construídas entre 1970 e 1980
Bando co gallo das festas do Nadal
Peche da rúa Baixada a Samil ao tráfico
Peche da rúa Brasil ao tráfico
Aprobación inicial do "Plan especial de protección, rehabilitación e reurbanización de espazos interiores no antigo grupo de vivendas de promoción pública nas rúas Bueu, Moaña, Vilagarcía
Obradoiro de escrita creativa


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003