Escoitar

O Goberno apoia á Plataforma Pola Defensa da Serra do Galiñeiro no rexeitamento dos muíños eólicos

O alcalde de Vigo reiterou esta mércores o rexeitamento do goberno municipal á instalación de muíños eólicos na Serra do Galiñeiro, prevista pola Xunta de Galicia. O Concello ten un informe técnico negativo á proposta autonómica, que produce máis perxuízos que beneficios.

mércores, 28 nov 2012
1353949273sierra.JPG
Abel Caballero fixo público o apoio do Goberno municipal ás alegacións que vai presentar a Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro contra a instalación de muíños de vento neste espazo natural. O alcalde indicou que un informe dos técnicos de Urbanismo informa negativamente sobre a colocación das tres infraestruturas que irían na parte desta montaña que corresponde ao termo municipal de Vigo e reclamana a mesma protección da que dispón o monte Aloia.
Descargar todas as imaxes