Escoitar

XABARÍN 18

A Biblioteca Neira Vilas recolle a mostra realizado polo EEI Monte da Guía de Vigo e o CEP de Sequelo de Marín por mor do 18 aniversario do "Xabarín", o emblemático personaxe creado por Miguel Anxo Prado para o programa infantil da TVG.

mércores, 21 nov 2012
1353502550xabarin18.jpg
Esta mostra na que participan máis de 20 artistas é unha homenaxe na que reinterpretan a este animaliño que nos fixo tantas e tantas merendas divertidas... Entre estes artistas podemos atopar nomes como Kiko da Silva, Pepe Carreiro, Dávila ou Ramón Trigo entre outros.

Destinatarios: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Horarios:
Mañás: de martes a sábado de 11:00 a 14:00h
Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h
Descargar todas as imaxes