Escoitar

Caballero urxe a Porto, Xunta e Goberno Central a desbloquear a posta en marcha da Autopista do Mar

O alcalde de Vigo amosou esta mañá a súa preocupación "polo que parece ser outro obstáculo na posta en marcha da Autopista do Mar". Ofreceu a súa colaboración para que Porto, Xunta e Goberno Central desbloqueen un proxecto estratéxico para Vigo.

luns, 12 nov 2012
Abel Caballlero urxiu hoxe luns a Porto, Xunta e Goberno Central a que resolvan o que "parece ser un novo obstáculo, unha nova ameaza" á posta en marcha" da Autopista do Mar. Logo de amosar a súa preocupación polo retraso desta nova infraestrutura, ofreceu a súa colaboración ás institucións con competencia, "se eles entenden que o Concello debe estar aí". Caballero lembrou que a Autopista de Mar está parada mentres que a de Gijón aumentou os tráficos nun 50% incluso nestes momentos de crise.