![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() ![]() |
![]() |
![]() |
![]() ![]() ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||||||||||||||
|
![]() |
Igualdade inicia unha campaña sobre a saúde desde a perspectiva de xénero ![]() A Concellería de Igualdade organiza unha campaña formativa de carácter gratuíto sobre a saúde desde a perspectiva de xénero,co fin de analizar o "xénero" como elemento determinante na saúde das mulleres e nenas.
Obxectivos: Iniciar unha campaña sobre os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. Analizar o "xénero" como elemento determinante na saúde das mulleres e nenas. Concienciar sobre os riscos de saúde das mulleres vinculadas cos roles de xénero. Mércores, 17 de outubro ás 19.00 h."Dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres" Intervén: Cristina Pastoriza Ferradás. Psicóloga. Xoves, 18 de outubro ás 18.30 h. "Sexualidade e madurez : a danza das bolboretas" Intervén: Mónica Couso Fuentes. Sexóloga. Mércores, 24 de outubro ás 19.00 h. "Unha ollada á saúde desde a perspectiva de xénero" Intervén: Carmen Albo López. Hematóloga. Xoves, 25 de outubro ás 19.00 h. "A saúde emocional" Intervén: Carmen Clavería Prada . Psicóloga. Mércores, 31 de outubro ás 19.00 h. "Impacto das novas reformas sanitarias na saúde das mulleres" Interveñen: Cristina Pastoriza Ferradás e Carmen Albo López As persoas interesadas deberán inscribirse antes do día 16 de outubro na Concellería de Igualdade(1ª planta da Casa do Concello), ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h. Prazas limitadas. Máis información: www.igualdadevigo.org" |
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() © Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003 |